Manu Fernandez, nacido en Rábade (Lugo) no ano 1977, comezou a súa carreira como actor no teatro universitario, mentres cursaba estudos de lingua inglesa na cidade da Coruña. Pouco a pouco foi gañando experiencia nas táboas, formándose en diferentes disciplinas interpretativas.
Dende o ano 2001, no que fixo a súa primeira aparición televisiva, traballou en numerosas producións na canle galega, TVG. A que maior popularidade lle reportou ata a data é 'Libro de familia', serie da que formou parte como personaxe fixo durante sete anos.
Ao mesmo tempo xirou polos escenarios galegos da man de recoñecidas compañías teatrais galegas. No ano 2008 foi nomeado aos premios de teatro Maria Casares polo seu atormentado personaxe en 'A bombilla máxica’.
No ano 2015 creou, xunto a tamén actriz Victoria Pérez, a compañía Pérez&Fernández. Na actualidade están a xirar coa súa última producción dirixida ao público familiar, "Nanai da China", coa que levaron o premio María Casares ao mellor espectáculo de monicreques.