Dende o ano 2001, no que fixo a súa primeira aparición televisiva, ven traballando en numerosas producións para a TVG. A que máis popularidade lle deu foi "Libro de familia", serie da que formou parte sete anos.

Ao mesmo tempo xirou polos escenarios dos teatros galegos da man de recoñecidas compañías teatrais. E no ano 2008 foi nomeado aos premios de teatro María Casares polo seu atormentado personaxe en "A bombilla máxica", da compañía Teatro do Atlántico.

Na actualidade forma parte da compañía Pérez&Fernández xunto con Victoria Pérez. Xa levan producidos catro espectáculos.

<< CV >>

<< eMail >>

<< Instagram >>

<< Facebook >>

<< Twitter >>